Que é un coworking?
Un coworking é basicamente unha oficina compartida. Cada profesional ten un espazo de traballo independente e ao mesmo tempo hai zonas comúns como o comedor onde compartir tempo e ideas.
Quen pode vir ao coworking do Laboratorio de Movidas?
Se traballas a distancia desde casa ou precisas ocasionalmente un espazo onde concentrarte mellor, o coworking é unha opción ideal para poder ter a túa oficina dunha forma moi flexible e económica.
Se queres vir traballar ao coworking co teu can tamén podes, sempre que poida comportarse aínda que esteas ausente. No Laboratorio de Movidas encántanos que visiten mascotas.
Cales son as tarifas de coworking do Laboratorio de Movidas?
Laboratorio de Movidas?
O mellor de traballar nun coworking é que é un espazo que se adapta a ti, e non ao revés. Podes reservar o teu traballo por un día, unha semana ou un mes e sen ningún compromiso de permanencia.
Que horario ten o coworking do Laboratorio de Movidas?
En principio abrimos de 9:00 a 18:00 horas de luns a venres, pero se necesitas traballar fóra dese horario, incluso durante a fin de semana, podemos adaptarnos.
Sabemos que é difícil encaixar todos os movementos que facemos nun horario fixo, por iso nos gusta ofrecer diferentes posibilidades segundo as túas necesidades.
Se precisas consultar algún dato específico podes utilizar o formulario para poñerte en contacto.
Pódese alugar coworking para organizar eventos?
Facer diferentes movementos está no noso ADN polo que estamos abertos a novas propostas.
Podes contarnos de que se trata e faremos todo o posible para que isto suceda.